A 1ª Xornada da Liga Galega Máster nádase en Monforte


 24 Outubro, 2018   Máster 

A 1ª Xornada da Liga Galega Máster nádase en Monforte

Na mañá do próximo domingo día 28 de outubro de 2018, a Municipal de Monforte será a pileta que acolla o arranque da Liga Galega Máster de Natación na súa edición 2018-2019. Á cita monfortina acudirán un total de 109 nadadores, 48 mulleres e 61 homes, dos 13 clubs galegos que tomarán parte nesta 1ª rolda ligueira no seu grupo norte. Aos da A. D. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos defender o subcampionato conseguido na pasada edición e para iso poñeremos en liza nesta xornada inaugural a un equipo que conforman 14 nadadores, das que 2 son mulleres e os 12 restantes son homes. Os nosos mestres nadarán en Monforte un total de 28 probas a título individual e 1 de remudas, dentro dun programa que inclúe nesta 1ª cita as probas dos 200 m costas e bolboreta mixtos, os 50 m braza, os 100 m estilos e os 50 m braza e libres nas categorías masculina e feminina, ademais da remuda dos 4x100 m libres mixtos. Os informes de inscrición e as listas de saídas estarán dispoñibles para a súa consulta como documentos adxuntos a esta mesma noticia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso