A 2ª Xornada da Liga Galega Máster nádase en Carballo


 16 Novembro, 2018   Máster 

A 2ª Xornada da Liga Galega Máster nádase en Carballo

Na mañá do próximo domingo día 18 de novembro de 2018, a Municipal Carballo Calero de Carballo será a pileta que acolla a segunda xornada da Liga Galega Máster de Natación grazas a colaboración do Concello de Carballo e Carballo Deporte. Á cita carballesa acudirán un total de 135 nadadores, 62 mulleres e 73 homes, dos 17 clubs galegos que tomarán parte nesta segunda rolda ligueira no seu grupo norte. Aos da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos remontar a cuarta praza que ocupamos de maneira provisional despois da xornada inaugural. E para iso poñeremos en liza a un equipo conformado por 24 nadadores, das que 6 son mulleres e os 18 restantes son homes. Os nosos mestres nadarán en Carballo un total de 44 probas a título individual e 5 de remudas, dentro dun programa que inclúe nesta 1ª cita as probas dos 50 m costas e bolboreta, os 100 m braza e os 400 m libres libres nas categorías feminina, masculina e mixta, ademais da remuda dos 4x50 m libres nas categorías feminina e masculina. Os informes de inscrición, o sumario de participantes e as listas de saídas están dispoñibles para a súa consulta como documentos adxuntos a esta mesma noticia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.