A 3ª Xornada da Liga Máster nádase na Municipal Carballo Calero


 12 Decembro, 2018   Máster 

A 3ª Xornada da Liga Máster nádase na Municipal Carballo Calero

Na mañá do próximo domingo día 16 de decembro de 2018, a Municipal Carballo Calero de Carballo será a pileta que acolla a terceira xornada da Liga Galega Máster de Natación grazas a colaboración do Concello de Carballo e Carballo Deporte. Á cita carballesa acudirán un total de 119 nadadores e nadadoras, 47 mulleres e 72 homes, dos 13 clubs galegos que tomarán parte nesta terceira rolda ligueira no seu grupo sur. Aos da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos manter a terceira praza que ocupamos de maneira provisional con un equipo formado por tan só 15 nadadoras e nadadores, dos que 13 son homes, e as 2 restantes mulleres. Os nosos mestres nadarán en Carballo un total de 30 probas a título individual e 2 de remudas, dentro dun programa que inclúe nesta 1ª cita as probas dos 50 m costas e libres, os 100 m bolboreta, os 200 m braza e os 400 m estilos nas categorías feminina, masculina e mixta, ademais da remuda dos 4x50 m estilos mixtos. Os informes de inscrición, o sumario de participantes e as listas de saídas están dispoñibles para a súa consulta como documentos adxuntos a esta mesma noticia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso