A 4ª Xornada da Liga Máster nádase na Frigsa de Lugo


 16 Febreiro, 2019   Máster 

A 4ª Xornada da Liga Máster nádase na Frigsa de Lugo

A Piscina Municipal da Frigsa en Lugo acollerá mañá á mañan, a cuarta xornada da Liga Galega Máster de Natación. Á cita lucense acudirán un total de 104 nadadores e nadadoras, 45 mulleres e 59 homes, dos 11 clubs galegos que tomarán parte nesta rolda ligueira no seu grupo norte. Aos da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos defender a terceira praza conxunta que ocupamos de maneira provisional cun equipo formado por tan só 14 nadadoras e nadadores, dos que 10 son homes, e as 4 restantes mulleres. Os nosos mestres nadarán en Lugo un total de 27 probas a título individual e 3 substitucións por equipos, dentro dun programa que inclúe nesta 4ª cita as probas dos 50 m braza e bolboreta, os 100 m costas e os 200 m libres e estilos nas categorías feminina, masculina e mixta, ademais das substitucións dos 4x50 m estilos femininos e masculinos. A inscrición dos do Fogar e as listas de saídas están dispoñibles para a súa consulta nos documentos adxuntos a esta mesma noticia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso