A Liga Galega Máster arrinca mañá na Piscina Carballo Calero


 30 Outubro, 2021   Máster 

A Liga Galega Máster arrinca mañá na Piscina Carballo Calero

Maña domingo día 31 de outubro de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en Carballo a 1ª xornada da Liga Galega Máster na súa Zona Norte. Finalmente a competición levaráse a cabo sen a presenza de público e cun aforo total de 150 persoas entre nadadores-as (103), técnic@s e delegad@s (26) e o xurado e persoal de competición (21). Como novidade de este ano a xornada desenvolverase nun núnico turno de quecemento (9:00 a 10:00 horas) e competición (10:00 a 12:30 horas) e recuperaranse tamén as tradicionáis probas de substitucións por equipos. Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo composto por 17 nadadoras-es, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 13 restantes á masculina; que medirán as súas forzas c@s 6 representantes do C.Marina, @s 2 do C.Mar, @s 3 da RSD.Hípica, @s 7 da ADN.Narón, @s 8 do CN.Ferrol, @s 5 do CN.Riveira, @s 7 do CN.Arteixo, @s 7 do CN.Liceo, os 12 do CN.Santiago, @s 6 do CN.Culleredo, @s 18 do C.Hérculles e @s 5 do CT.Coruña. O programa de probas da xornada inclúe os 200 metros costas, os 50 metros braza e libres, os 100 metros estilos e os 200 metros bolboreta e a substitución dos 4x50 libres mixto. A inscrición dos nosos, a lista de saídas e o protocolo anticovid xa están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web. Compre salientar tamén que a pasada tempada os de Carballo e Oleiros fomos 5º dos 24 equipos que tomaron parte na liga.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.