Carballo acolle o XII Campionato Galego de Fondo Máster


 22 Abril, 2021   Máster 

Carballo acolle o XII Campionato Galego de Fondo Máster

O vindeiro domingo día 25 de marzo de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en sesións de mañán e tarde, a XII Edición do Campionato Galego de Fondo Máster e Memorial Gerardo Steudel, no que tomarán parte 17 equipos e 72 Mestres-as, 22 mulleres e 43 homes. A organización da competición, adapatada aos protocolos sanitarios, corresponde á Federación Galega de Natación e a AD.Fogar en colaboración con Concello de Carballo e Carballo Deporte. Pola mañán a pileta estará dispoñible para os nadadores desde as 9:00 horas coa 1ª quenda de quecemento que se estenderá ata as 9:30 horas, momento no que comezará a competición coas 4 series dos 1500 libres masculino. Acto seguido disputaranse nunha 2ª quenda as 4 series dos 800 libres tamén masculinos previo quecemento doutra media hora. Xa pola tarde a piscina estará dispoñible para as nadadoras desde as 16:00 horas cunha única quenda de quecemento que se estenderá ata as 17:00 horas, momento no que comezará a competición coas 2 series dos 1500 libres seguidas doutras 2 series de 800 libres, todas en categoría feminina. Os de Carballo e Oleiros tomaremos parte con 5 nadadores-as, 2 mulleres e 3 homes, d@s cales 3 nadarán a distancia dos 1500 e os 2 restantes a de 800. Toda a información sobre este Campionato Galego de Fondo e XII Memorial Gerardo Steudel podedes consultala na seguinte ligazón federativa https://www.fegan.org/mp/default/post/3372. Ademais no apartado descargas máster desta mesa web tedes tamén a nosa inscrición e o protocolo sanitario.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.