Elisa Pichel foi top 10 europea en Eslovenia por partida dobre


 11 Septiembre, 2018   Máster 

Elisa Pichel foi top 10 europea en Eslovenia por partida dobre

A nadadora Elisa Pichel da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomaba parte a semana pasada no Campionato de Europa de Natación Máster que se celebraba en Eslovenia, https:// www. emc2018. com/. Elisa callou outra brillante actuación a nivel internacional con dous top 10 no seu grupo de idade o de 30 a 34 anos, un como 10ª clasificada e mellor española na proba dos 400 metros libres, con récord galego incluído ao pase dos 200 metros e outro como 10ª e 3ª española na proba de augas abertas sobre a distancia de 3000 metros. Ademais nos 800 metros libres Elisa era 12ª e tamén a mellor representante nacional. Na proba de augas abertas participaba tamén Nicolás Pichel que finalizaba na 43ª praza do grupo de idade de 35 a 39 anos. Os resultados dos nosos mestres poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso