Julio Martínez único representante do Fogar nos Nacionais


 10 Xullo, 2021   Máster 

Julio Martínez único representante do Fogar nos Nacionais

Julio E. Martínez Fajardo desprazábase no día de onte ata Sedaví en Valencia, para tomar parte no XXXI Campionato de España de Natación Máster de Verán no que están a competir esta fin de semana 133 clubs e 885 nadadores (532 homes e 353 mulleres). O noso representante volveu callar un gran torneo tras rematar na cuarta praza da proba dos 200 metros bolboreta establecendo unha nova mellor marca galega e por detrás de Ciro Gutiérrez do Metropole, de Adolfo Ortíz do Hospitalet e de Esteban Andújar do Albacete; a tan só un banzo do poio da categoría dos 50 aos 54 anos. Julio participou tamén nos 200 metros estilos individual, proba na que foi 13º dos 24 inscritos. Como valor engadido cabe subliñar que este ano por mor da covid, o límite de participación para o campionato estableceuse nun máximo de 24 nadadores-as por proba e categoría, prevalecendo as mellores marcas de inscrición. Os resultados do noso representante neste XXXI Campionato de España de Natación Máster de Verán están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web. Ademais podedes consultar tamén todo o referente a este evento na seguinte ligazón: https://rfen.es/es/section/master-verano-2021 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.