O Galego de Fondo achegará a Carballo a 121 Mestres


 15 Marzo, 2019   Máster 

O Galego de Fondo achegará a Carballo a 121 Mestres

O vindeiro domingo día 17 de marzo de 2019 a Piscina Municipal Carballo Calero albergará a X Edición do Memorial Gerardo Steudel, reconvertido esta tempada en Campionato Galego de Fondo no que tomarán parte 22 equipos representados por 121 Mestres, 52 mulleres e 69 homes. A organización da competición corresponde á Federación Galega de Natación e a AD.Fogar en colaboración con Concello de Carballo e Carballo Deporte. A pileta estará dispoñible para os nadadores desde as 9:00 horas coa quenda de quecemento que se estenderá ata as 10:00, momento no que comezará a competición coas 6 series dos 1500 libres mixtos. Acto seguido disputaranse as 5 series restantes dos 800 libres tamén en formato mixto. Os de Carballo e Oleiros tomaremos parte con 5 nadadores, 1 muller e 4 homes, dos cales 2 nadarán a distancia dos 1500 e os 3 restantes a de 800. Toda a información sobre este Campionato Galego de Fondo e X Memorial Gerardo Steudel podedes consultala na ligazón https://www.fegan.org/mp/default/post/351. Ademais no arquivo adxunto a esta mesma nova tedes a nosa inscrición coa relación nominal de nadadores e probas e a listaxe de saídas da xornada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.