Santiago acolle a derradeira xornada de liga no seu grupo norte


 18 Maio, 2019   Máster 

Santiago acolle a derradeira xornada de liga no seu grupo norte

A Piscina Municipal Santa Isabel en Santiago de Compostela acollerá mañá á mañan, a derradeira xornada da Liga Galega de Natación Máster. Á cita acudirán un total de 111 nadadores e nadadoras, 48 mulleres e 63 homes, dos 15 clubs galegos que tomarán parte nesta rolda ligueira no seu grupo norte. Aos da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos defender a quinta praza conxunta que ocupamos de maneira provisional cun equipo formado por tan só 12 nadadoras e nadadores, dos que 8 son homes, e as 4 restantes mulleres. Os nosos mestres nadarán en Santiago un total de 24 probas a título individual e 2 substitucións por equipos, dentro dun programa que inclúe nesta 5ª cita as probas dos 50 metros bolboreta, costas e braza, e os 100 metros libres nas categorías feminina e masculina, ademais das substitucións por equipos dos 4x50 metros libres mixtos. O sumario de participantes, as inscricións e as listas de saídas están dispoñibles para a súa consulta no documento adxunto a esta mesma nova.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso