Tres d@s nos@s acoden ao XXVII Nacional Máster de Inverno


 27 Febreiro, 2022   Máster 

Tres d@s nos@s acoden ao XXVII Nacional Máster de Inverno

Pontevedra engalánase para a celebración da 27ª edición do Campionato de España de Inverno de Natación Máster que acollerá do 3 ao 6 de marzo a 1.253 nadadores e nadadoras (780 homes e 473 mulleres) en representación de 161 clubs. Nesta ocasión, o programa de probas do campionato retoma o seu 100% habitual incluidas as substitucións por equipos e tamen a presenza de público. Na nosa representación acoderán a Pontevedra, Cora Vinagre do grupo +30 anos que nadará os 200 e os 400 metros libres e os 50 e 200 metros costas, Carlos Iglesias do grupo +45 anos que tomará parte nos 50 metros braza e os 200 metros libres e Julio Martínez do grupo +50 anos que o fará nos 100 e 200 metros bolboreta e os 100 e 400 metros estilos; tod@s eles-as con serias opcións de subir ao podio. Na páxina web da RFEN podédes ampliar toda a información relativa a este nacional máster de inverno na ligazón: https://rfen.es/es/section/web-master-invierno-2022. Ademais no apartado de descargas máster desta mesma web tedes a nosa inscrición.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.