1 Ouro e 1 prata na nosa volta á competición rexional de natación


 14 Setembro, 2020   Natación 

1 Ouro e 1 prata na nosa volta á competición rexional  de natación

Onte domingo día 13 de setembro a Federación Galega de Natación retomaba o seu calendario de competicións coa desputa do Campionato Galego de Augas Abertas no Pontillón do Castro da localidade pontevedresa de Verducido. No mesmo tomaban parte 16 dos nosos nadadores, 3 da categoría alevín, 4 da infantil, 2 da júnior, 3 da sénior e 4 da máster; que baixo estritas medidas de seguridade callaban unha actuación máis que destacada que resumimos a continuación. Ouro e título de Campioa Galega Máster +35 para Elisa Pichel, prata e título de Subcampión Galego Máster +40 para Gonzalo Iglesias; dúas 4ª prazas a un chanzo do podio, as de Manuel Souto na categoría alevín e a de Rubén Otero na infantil; e tres top 10, os de Miguel Abelenda 6º júnior, Adrián Haz 7º sénior e Clara Rey 8ª alevín. Podedes atopar os resultados nos apartados descargas natación e máster desta mesma web e tamén na seguinte ligazón federativa:
https://www.fegan.org/mp/default/post/2455

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.