12 dos nosos nadadores acoden ao Campionato Galego Absoluto


 27 Decembro, 2018   Natación 

12 dos nosos nadadores acoden ao Campionato Galego Absoluto

Desde mañá, venres día 28 de decembro de 2018 e ata o vindeiro domingo día 30, doce nadadores e nadadoras da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Absoluto Open de Inverno que se disputa sobre 25 metros e 8 rúas na Piscina Municipal de Santa Isabel en Santiago de Compostela. O torneo autonómico contará coa presenza de 31 equipos e o concurso de 349 nadadores e nadadoras, dos que 193 son homes e 156 son mulleres. En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana 12 deportistas, Elisa Pichel e Nana Suárez en categoría feminina e Carlos Iglesias, Manuel Viaño, Pablo Balsa, Xoan Toja, Manuel Verdes, Pablo Negreira, Ángel Tomé, Pedro Fraga, Alejandro Méndez e Miguel Abelenda na masculina; entre os que nadarán un total de 36 probas a título individual e as 5 remudas por equipos na categoría masculina. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Absoluto Open de Inverno podedes atopala na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748; ademais achéganse a esta noticia a nosa convocatoria, e as listaxes de saídas do campionato.

  •  
Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.