13 medallas e 5 récords do club para @s nos@s no Galego Infantil


 05 Xullo, 2023   Natación 

13 medallas e 5 récords do club para @s nos@s no Galego Infantil

Os pasados 1 e 2 de xullo de 2023 dez d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Infantil de Natación de Verán celebrado na Piscina do Complexo Deportivo Rías Do Sur en Pontevedra. Alí @s nos@s nadadores-as callaban unha destacada actuación rematando na 12ª praza feminina, na 6ª masculina, e na 7ª conxunta por equipos. As 13 medallas do campionato foron desta volta para (4) Paulo Rivas de 15 anos cos ouros nas probas dos 50 costas e os 200 bolboreta e as pratas nos 50 bolboreta e os 200 libres; (3) Carmela Ínsua de 14 anos cos bronces nos 200 os 400 e os 1500 libres; (2) Jorge Souto de 16 anos, ouro nos 50 e os 100 costas; (2) Carla Mourelle de 15 anos, ouro nos 200 libres e prata nos 50 libres e (2) Manuel Souto de 16 anos, prata nos 1500 libres e bronce nos 400 libres. As mellores marcas do club das súas respectivas idades batéronas Jorge Souto nos 50 e 100 costas e os 50 bolboreta e Paulo Rivas nos 50 e os 200 bolboreta. Así mesmo compre subliñar tamén a actuación de Valería Rodríguez de 14 anos que foi 4ª nos 50 bolboreta. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. A vindeira cita para o noso equipo de natación será o Campionato Galego Júnior e Absoluto de Verán no que tomaremos parte con 15 nadadores-as os días 7, 8 e 9 de xullo en Ourense.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.