14 Nadadores representarannos no Trofeo Cidade de Narón


 21 Novembro, 2019   Natación 

14 Nadadores representarannos no Trofeo Cidade de Narón

O vindeiro sábado día 23 de novembro de 2019, 14 nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros representarannos na 27ª Edición do Trofeo Cidade de Narón e 17º Memorial Javier Lago, que se disputará en horario de tarde na Pileta Municipal de A Gándara. Ademais da AD.Fogar e o anfitrión do torneo o CN.Narón, foron convidados outros 15 clubs, o CN.Arteixo, o CN.Arzúa, o CN.Cedeira, o CN.Coruña, o CN.Hércules, o CN.Ferrol, o CN.Galaico, o CN.Marina, o CN.Pabellón, o CN.Portamiñá, o CN.Redondela, o CN.Santa Comba, o CN.Santiago, o CN.Vigo e o CN.Xove. En canto á participación dos nosos, comentar que presentamos un equipo formado por 9 nadadores e 5 nadadoras das categorías infantil, junior e senior que se repartirán un concurso individual de 37 probas, e as substitucións por equipos mixtos dos 4x50 libres e estilos. Ademais dos trofeos aos 3 primeiros cubes clasificados pola suma do total dos puntos conseguidos, a organización premiará tamén ás tres mellores marcas por táboa FINA, tanto en categoría masculina como feminina. Toda a información referente a este  XXVII Trofeo Cidade de Narón e XVI Memorial Javier Lago pode consultarse na páxina do torneo https://www.nauticonaron.com/trofeo-cidade-de-naron-2018/, achegamos tamén a esta nova a convocatoria de probas dos nosos nadadores e as series do evento.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso