18 medallas e 8 récords do club para @s nos@s no Galego Alevín


 27 Xuño, 2023   Natación 

18 medallas e 8 récords do club para @s nos@s no Galego Alevín

Os pasados 24 e 25 de xuño de 2023 dez d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Verán celebrado na Piscina Municipal de Lieiro en San Cibrao. Localidade onde @s nos@s nadadores-as callaban unha destacada actuación rematando na 5ª praza feminina, na 6ª masculina, e na 5ª conxunta por equipos. As 18 medallas do campionato foron desta volta para (4) Anxo Fuentefría de 14 anos cos ouros nas probas dos 100 e 200 braza e os 200 estilos, e a prata nos 400 estilos; (4) Noa Ferreiro de 12 anos que foi ouro nos 100 libres, prata nos 50 bolboreta e os 200 libres e bronce nos 50 libres; (4) Carlos Casal de 13 anos, prata nos 50, 100 e 200 braza e bronce nos 200 estilos; (3) Manuel López de 13 anos, prata nos 100 e 1500 libres e bronce nos 400 libres; (2) Alba Lamas de 12 anos, prata nos 100 costas e bronce nos 50 costas e o bronce para a substitución feminina dos 4x100 libres que formaron Noa e Alba xunto a Lucía Fernández e Carla Giance. As mellores marcas do club batéronas Anxo Fuentefría nos 50, 100 e 200 braza e os 200 e 400 estilos; Alba Lamas nos 50 e 100 costas e Noa Ferreiro nos 50 libres. Así mesmo compre subliñar tamén as actuacións de Lucía Fernández de 12 anos, 4ª nos 100 bolboreta, Carla Giance de 11 anos, 5ª nos 50 bolboreta e Iago Guitián de 13 anos, 5º nos 400 libres. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.