2 Ouros, 4 pratas e 5 bronces para @s nos@s no Galego Alevín


 06 Febreiro, 2023   Natación 

2 Ouros, 4 pratas e 5 bronces para @s nos@s no Galego Alevín

Os pasados 4 e 5 de febreiro de 2023, dez d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Inverno celebrado na Piscina do Complexo Deportivo Municipal de Santa Isabel en Santiago. Localidade onde @s nos@s nadadores e nadadoras callaban unha moi boa actuación rematando na 5ª praza masculina, na 8ª feminina e na 6ª conxunta por equipos. As 11 medallas do campionato foron desta volta para (4) Anxo Fuentefría de 14 anos cos ouros nas probas dos 200 braza e estilos, e as pratas nos 100 braza e os 400 libres; (3) Manuel López de 13 anos prata nos 200 e 400 libres e bronce nos 100 libres; (2) Noa Ferreiro de 12 anos bronce nos 100 estilos e os 200 libres; e os 2 bronces de (1) Carlos Casal de 13 anos nos 200 braza e (1) Alba Lamas de 12 anos nos 200 costas. Anxo Fuentefría acadaba ademáis as marcas mínimas para participar no Nacional de Verán nos 200 e os 100 braza e nesta última proba batía tamén a mellor marca de 14 anos do club. Así mesmo compre destacar tamén as actuacións de Iago Guitián de 13 anos, 4º nos 200 estilos e Lucía Fernández de 12 anos, 6ª nos 100 estilos. Respecto das substitucións por equipos os mellores resultados para @s nos@s foron a 4ª praza dos rapaces no 4x100 estilos e a 6ª das rapazas no 4x100 libres. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.