23 infantís do Fogar convovcados para a 1ª xornada da liga galega


 23 Outubro, 2019   Natación 

23 infantís do Fogar convovcados para a 1ª xornada da liga galega

O vindeiro sábado día 26 de Outubro de 2019 a Piscina Municipal Santa Isabel en Santiago de Compostela, será a sede que acolla desde as 15:30 horas a 1ª Xornada da Liga Galega de Natación en categoría infantil. Esta categoría reúne ás nenas nadas nos anos 2005 e 2006 (13 e 14 anos) e os nenos nados en 2004 e 2005 (14 e 15 anos). Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros que a pasada campaña fomos 11º de 26 clubes, debutaremos nesta nova campaña cun equipo formado por 11 nadadoras e 12 nadadores, englobados no Grupo C co CN.Arteixo, CN.Arzúa,  CN.Boiro, Club do Mar, CN.Coruña, CN.Liceo, CN.Riveira, CN.Santiago o Hércules Termaria e a ADT.Oleiros; co obxectivo de clasificarnos entre os 10 mellores equipos galegos. Na xornada do sábado nadaranse as probas individuais dos 50, 200 e 1500 libres, os 100 bolboreta, os 200 costas e braza e os 100 e 400 estilos, ademais das substitucións femininas e masculinas dos 4x100 estilos. Os nosos nadarán un total de 46 probas individuais (22 en categoría feminina e 24 na masculina) e 6 substitucións (3 femininas e 3 masculinas). A convocatoria dos nadadores de Carballo e Oleiros e a lista de saídas desta 1ª Xornada da Liga Galega Infantil de Natación atoparédelas adxuntas a esta mesma nova.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso