25 Nadadores representarannos no Trofeo Cidade de Narón


 22 Novembro, 2018   Natación 

25 Nadadores representarannos no Trofeo Cidade de Narón

O vindeiro sábado día 24 de novembro de 2018, 25 nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros representarannos na 26ª Edición do Trofeo Cidade de Narón e 16º Memorial Javier Lago, que se disputará en horario de tarde na Pileta Municipal da Gándara. Ademais da AD.Fogar e o anfitrión do torneo o CN.Narón, foron convidados outros 15 clubs, o ADT.Oleiros, o CN.Arteixo, o CN.Arzúa, o CN.Cedeira, o CN.Coruña, o CN.Ferrol, o CN.Galaico, o CN.Marina, o CN.Pabellón, o CN.Portamiñá, o CN.Redondela, o CN.Riveira, o CN.Santiago, o CN.USC e o CN.Xove. En canto á participación dos nosos, comentar que presentamos un equipo formado por 15 nadadores e 10 nadadoras das categorías infantil, junior e senior que se repartirán un concurso individual de 50 probas, ademais das remudas por equipos mixtos dos 4x50 libres e estilos. Ademais dos trofeos aos 3 primeiros cubes clasificados pola suma do total dos puntos conseguidos, a organización premiará tamén ás tres mellores marcas por táboa FINA, tanto en categoría masculina como feminina. Toda a información referente a este  XXVI Trofeo Cidade de Narón e XV Memorial Javier Lago pode consultarse na páxina do torneo http://www.nauticonaron.com/webtrofeo.htm, ademais achegamos a esta noticia a convocatoria de probas dos nosos nadadores para o evento.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso