32 medallas e 13 récords do club no Galego Júnior e Absoluto


 06 Xullo, 2022   Natación 

32 medallas e 13 récords do club no Galego Júnior e Absoluto

A pasada fin de semana, vinte dos nadadores-as da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte en Ourense no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Verán disputado na Piscina Minicipal Rosario Dueñas; onde @s nos@s callaban unha moi boa actuación. No referente ás clasificacións por equipos, na categoría júnior fomos Subcampións Galeg@s conxunt@s sumando tamén o Subcampionato masculino e a 3ª praza feminina; mentres que na categoría absoluta rematamos 6º conxunt@s, 5º masculinos e 10ª femininas. @s nos@s nadadores-as acadaban ademais 32 medallas, 10 delas de ouro, outras 16 de prata e 6 de bronce e batían 13 das mellores marcas do club. Desta volta as medallas eran, 7 para Carla Jiménez (ouros júnior e absoluto nos 50 braza, pratas júnior e absoluta nos 100 e 200 braza e bronce júnior nos 50 libres), 6 para Yoel Suárez (ouro júnior e prata absoluta nos 50 braza, ouros júnior e absoluto nos 100 braza e pratas júnior nos 50 e os 100 libres), 4 para Simón Rey (ouro júnior nos 50 costas, prata júnior nos 50 bolboreta e bronces júnior nos 100 bolboreta e costas), 2 para Carlos Abeleira (ouro absoluto nos 100 costas e prata absoluta nos 50 costas), 2 para Nana Suárez (pratas júnior nos 50 e 100 libres), 1 para Carlos Souto (ouro absoluto nos 50 braza), 1 para Santiago Avilés (prata júnior nos 800 libres), 6 para as substitucións masculinas dos 4x50 estilos (ouro absoluto), 4x100 estilos (ouro júnior e prata absoluta), 4x100 libres (prata júnior e bronce absoluto), 4x200 libres (prata júnior) e outras 3 para as substitucións femininas dos 4x100 estilos (prata júnior) e 4x100 e 200 libres (bronces júnior). No que as mellores marcas do club se refire, Carla Jiménez (6) batía os récords absolutos e de 16 anos nos 50, 100 e 200 braza, Nana Suárez (2) batía as mellores marcas dos 17 anos nos 50 costas e libres, Carlos Abeleira (2) batía os absolutos de 50 e 100 costas, Yoel Suárez (1) o de 100 braza absoluto e Carlos Souto (1) o de 50 braza absoluto. Ademais a substitucións masculinas dos 4x50 estilos melloraba tamén o anterior rexistro absoluto. Os resultados d@s nadadoras e nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.