4 Medallas, 1 tope nacional e 8 récords do club no Juan Varela


 20 Marzo, 2023   Natación 

4 Medallas, 1 tope nacional e 8 récords do club no Juan Varela

O pasado sábado día 18 de marzo de 2023 doce d@s nos@s nadadores-as (9 mozas e 3 mozos) desprazábanse ata Ferrol con motivo da disputa na Piscina dos Batallóns do XLIII Memorial Internacional Juan Varela; torneo que baixo a organización do C.N. Marina Ferrol mobilizou a 21 clubs e 200 nadadores e nadadoras de Galicia, Madrid e Portugal. En canto ao concurso d@s nos@s temos que destacar as actuacións de Carla Mª Jiménez (2006), ao facerse coas medallas de ouro e as mellores marcas do club na categoría dos 17 anos e tamén na absoluta nas probas dos 50, 100 e 200 braza; ao que hai que sumar tamén a mínima nacional júnior nos 100 braza. Outro dos medallistas foi Simón Rey (2004), que se facía co bronce nos 50 bolboreta. E xa para rematar dicir que Lucía Romanelli (2006), establecía unha nova mellor marca do club na categoría dos 17 anos na proba dos 50 bolboreta; ademáis a substitución mixta dos 4x100 estilos da man de Simon Rey na posta de costas, Carla Mª Jiménez na de braza, Pablo Galán na de bolboreta e Lola Botana na de libres, establecían a mellor marca absoluta. No cómputo global os da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros acadamos 4 medallas (3 ouros e 1 bronce), 8 mellores marcas do club, 1 tope nacional e unha meritoria quinta praza conxunta por equipos. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados d@s nos@ nadadores-as no trofeo internacional ferrolán.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.