4 Medallas, 14 récords e 3 topes nacionais no Galego de Verán


 09 Xullo, 2019   Natación 

4 Medallas, 14 récords e 3 topes nacionais no Galego de Verán

Os pasados 4, 5, 6 e 7 de xullo de 2019 trece nadadores da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Infantil, Júnior e Absoluto de Natación de Verán que se disputaba en sesións de mañá (eliminatorias) e tarde (finais) na Piscina Rías do Sur en Pontevedra; lugar onde os nosos callaban unha destacada actuación tras facer cun botín de 4 medallas, 14 mellores marcas do club e 3 mínimas nacionais para os Campionatos de España de verán nas categorías infantil e júnior. As medallas para os nosos chegaban da man de Manuel Verdes, que acadaba as pratas absolutas dos 50 e os 100 metros braza, Alejandro Méndez que se facía coa prata júnior nos 100 bolboreta e Nana Suárez, bronce infantil nos 100 libres. Precisamente Nana ía ser unha das protagonista principais da fin de semán batendo 7 das mellores marcas do club, 3 absolutas e outras 4 de 14 anos e sumando tamén a mínima nacional infantil nos 400 libres. Outros dos nadadores máis destacados foron, Manuel Verdes que batía os records absolutos do club dos 100 costas e os 50 e os 100 braza, Alejandro Méndez con 2 mellores marcas de 17 anos e a mínima nacional júnior na proba dos 100 libres, Miguel Abelenda que batía 1 mellor marca de 15 anos e acadaba a mínima nacional infantil nos 100 libres e Daniel Pardo que rebaixaba o mellor rexistro dos 15 anos na proba dos 200 braza. Por equipos os da AD. Fogar fomos 11º absolutos, 13º júnior e 16º infantís dos 27 equipos participantes. Os resultados dos nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web; ademais na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1884 están dispoñibles os detalles pormenorizados do campionato.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.