42 d@s nos@s compiten esta fin de semana en Carballo e Lugo


 24 Novembro, 2022   Natación 

42 d@s nos@s compiten esta fin de semana en Carballo e Lugo

Desde mañán día 25 e ata o domingo día 27 de novembro de 2022, 15 nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Absoluto de Inverno a disputar en piscina de 25 metros nas instalacións lucenses da Frigsa. O torneo autonómico contará coa presenza de 26 equipos e o concurso de 268 nadadores e nadadoras, dos que 140 son homes e 128 son mulleres. En canto á nosa representación confórmana 6 mulleres e 9 homes; entre os que nadarán un total de 49 probas a título individual e as 11 substitucións por equipos nas categorías masculina, feminina e mixta. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno podedes atopala na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748

Ademáis o sábado día 26 de novembro a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollerá a 1ª xornada da Liga Galega de Natación Alevín que congrega ás nenas dos anos 2011 e 2012 e aos nenos do 2009 e o 2010. A competición levaráse a cabo dende as 16:00 horas e contará coa presenza de 3 dos equipos da nosa zona (Arteixo, Coruña e Fogar) e 47 nadadores-as, 25 rapazas e 22 rapaces. Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo composto por 27 nadadoras-es, das cales 13 pertencen á categoría feminina e os 14 restantes á masculina. Compre salientar tamén que a pasada tempada @s de Carballo e Oleiros fomos 8ºª dos 29 equipos que tomaron parte na liga. A nosa convocatoria e a lista de saídas están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web; lugar onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Alevín para a presente tempada 2022 - 2023.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.