5 Medallas e 5 récords do club para @s nos@s en Ourense


 19 Xullo, 2021   Natación 

5 Medallas e 5 récords do club para @s nos@s en Ourense

Os pasados 16, 17 e 18 de xullo de 2021 dez nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Natación de Verán desputado na Piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense; onde @s nos@s callaban unha boa actuación. Por equipos, na categoría júnior fomos 7º masculinos, 16ª femininas e 9º conxunt@s e na absoluta 10º masculinos, 16ª femininas e 11º conxunt@s. As 5 medallas do campionato foron nesta ocasión para os júniors Miguel Abelenda, ouro nos 1500 libres e prata nos 400 libres; Simón Rey, bronce nos 200 bolboreta, Nana Suárez, bronce nos 200 libres e bronce tamén para a substitución masculina dos 4x200 libres que formaron M. Abelenda, S. Rey, A. Prieto e P. López. No que as mellores marcas do club se refire, Manuel Verdes batía o récord absoluto do clube na proba dos 100 braza, Nana Suárez batía as mellores marcas dos 16 anos nos 100 e 200 metros libres e o récord absoluto nos 200 libres e a substitución masculina dos 4x200 libres a mellor rexistro júnior. Os resultados d@s nadadoras e nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web; ademais na ligazón federativa https://www.fegan.org/mp/post/1884 podedes atopar os detalles pormenorizados do campionato.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.