59 d@s nos@s nadadores-as compiten mañán en Ferrol e Carballo


 05 Abril, 2024   Natación 

59 d@s nos@s nadadores-as compiten mañán en Ferrol e Carballo

Mañán sábado día 6 de abril, no Complexo Deportivo Javier Gómez Noya, 27 d@s nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte na terceira edición do Trofeo Marcos García que organiza o Club Natación Ferrol en sesións de mañá e tarde. O torneo contará coa presenza de 19 equipos e o concurso de 420 nadadores e nadadoras, dos que 216 son homes e 204 son mulleres. En canto á nosa representación confórmana desta volta 11 mulleres e 16 homes; entre os que nadarán un total de 51 probas a título individual e máis unha substitución mixta por equipos. Toda a información referente a este trofeo podedes atopala na seguinte ligazón federativa https://www.fegan.org/post/4159

O mesmo sábado á tarde a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollerá a 4ª Xornada da Liga Galega de Natación Prebenxamín que congrega @s nen@s nad@s nos anos 2015 e 2016 e o 4º Control de Marcas Benxamín que reúne @s nen@s dos anos 2013 e 2014. A competición levaráse a cabo de maneira conxunta desde as 16:00 horas e contará coa presenza de 32 d@s nos@s nadadores-as, 17 rapazas e 15 rapaces. Compre salientar tamén que no que vai de liga o noso equipo prebenxamín está a ocupar a 7ª praza conxunta dos 19 equipos que veñen participando nesta tempada 2023-2024.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.