64 Nadadores acoden mañá á Toma de Tempos da AD.Fogar


 05 Decembro, 2018   Natación 

64 Nadadores acoden mañá á Toma de Tempos da AD.Fogar

64 Nadadores (36 homes e 28 mulleres) acoden mañá a Carballo á primeira Toma de Tempos Oficial da tempada que promove a AD.Fogar grazas a colaboración do Concello de Carballo e Carballo Deporte; 16 destes nadadores pertencen ao Club do Mar de San Amaro, outros 2 ao Universitario de Santiago e os 45 restantes á AD.Fogar de Carballo e Oleiros. A sesión, que comezará ás 10:30 horas tras a quenda de quecemento previo de hora e media, supón a última oportunidade de acadar mínimas para o Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno que se celebrará na Piscina Municipal de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, os vindeiros 28, 29 e 30 de decembro de 2018. A orde de probas da xornada é a seguinte, 200 libres masculino e 100 feminino, 50 bolboreta masculino, 200 estilos feminino, 100 bolboreta masculino, 50 e 100 braza masculino, 200 costas masculino e 50 feminino, 100 estilos masculino, 100 costas feminino, 200 estilos masculino, 100 libres masculino, 400 estilos masculino, 50 braza feminino, 100 cotas masculino, 100 braza feminino e 200 masculino, 50 libres feminino e masculino, 100 bolboreta feminino e 200 masculino, 400 libres feminino, 1500 libres masculino e feminino, 400 libres masculino, 100 estilos e 200 libres feminino. Adxúntanse a esta noticia á lista de saídas de mañá e a convocatoria da AD.Fogar.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.