8 Nadadores da AD.Fogar tomarán parte no Galego de Augas Abertas


 12 Setembro, 2019   Natación 

8 Nadadores da AD.Fogar tomarán parte no Galego de Augas Abertas

O sábado dispútase na Enseada de San Amaro en A Coruña, o III Campionato Galego de Natación en Augas Abertas nas categorías alevín, infantil, junior, absoluta e máster, proba rexional que contará coa presenza e participación de 8 dos nadadores da AD.Fogar e as súas seccións en Carballo e Oleiros. Miguel Abelenda farao na categoría infantil e sobre a distancia de 5.000 metros mentres que os mestres, Cora Vinagre, Elisa Pichel, Pablo Fernández, Pablo Carro, Fernando Trillo, Alberto Tome e Rudy Palamedi, farano sobre un percorrido de 2.500 metros. Os pormenores deste III Campionato Galego de Augas Abertas (normativa, horarios, instrucións e listaxe de participantes) poden consultarse na seguinte ligazón https://www.fegan.org/mp/default/post/2455.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso