84 nadadores do Fogar compiten o sábado en Carballo e A Coruña


 06 Xuño, 2019   Natación 

84 nadadores do Fogar compiten o sábado en Carballo e A Coruña

Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñeremos en liza o sábado a 84 dos nosos nadadores e nadadoras. Por unha banda o equipo infantil tomará parte con 12 representantes na derradeira xornada da Liga Galega a desputar pola tarde nas instalaciónes do Club do Mar de San Amaro, en A Coruña; co obxectivo de poder manter a 10ª praza conxunta que veñen ocupando entre os 26 clubs galegos que conforman a categoría. Nesta cuarta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100 metros costas, braza e libres, os 200 metros estilos e bolboreta, e os 200, 400 e 800 metros libres, ademáis das substitucións por equipos dos 4x100 metros libres mixtos. Na documentación adxunta a esta mesma nova dispoñedes da nosa convocatoria e da lista de saídas da xornada. Xa en horario de tarde 72 nadadores e nadadoras das categorías prebenxamín (6 a 8 anos) e benxamín (9 a 11 anos) participarán na derradeira xornada do Festival Comarcal de Iniciación á Competición de Natación que organizamos conxuntamente con Carballo Deporte desde hai 10 anos. A proba disputarase na Piscina Municipal Carballo Calero desde as 16:00 horas e na mesma nadaranse as probas dos 25 metros brazos bolboreta, os 25 braza e os 50 metros bolboreta-costas e braza-crol en niveis de iniciación e dominio que dependen da idade e a destreza dos nadadores e nadadoras. Toda a información relativa a este evento pode consultarse no apartado descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso