A 2ª da Liga Galega de Clubs arrinca en Carballo con 100 nadadores


 31 Outubro, 2019   Natación 

A 2ª da Liga Galega de Clubs arrinca en Carballo con 100 nadadores

O vindeiro sábado día 2 de novembro de 2019, desde as 15:30 horas; a Piscina Municipal Carballo Calero da Zona Bergantiños en Carballo, será por cuarto ano consecutivo a sede que acolla a primeira das tres Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs, nesta oportunidade na súa Segunda División. Para a organización da proba os da AD.Fogar contamos coa colaboración da Federación Galega de Natación, O Concello de Carballo e Carballo Deporte. Os nosos nadadores, que a pasada campaña ascendían de categoiría logo de acadar o título da Terceira División, medirán este ano as súas forzas cos equipos do CN.Arteixo, CN.Marina, CN.Rías Baixas, Universitario de Santiago e CN.Xove co obxectivo de loitar novamente polo título, e acadar o ascenso a primeira división. Nesta primeira rolda concursaremos como locatarios con 20 dos nosos nadadores, 9 da categoría feminina e outros 11 da masculina, entre os que se repartirán as probas individuais dos 50, 100 e 400 metros libres, os 100 braza e bolboreta e os 200 costas e estilos; ademais das substitucións por equipos dos 4x50 estilos e os 4x100 e 200 libres. Os 3 primeiros clasificados desta fase preliminar loitarán polo título e tan só os 2 primeiros consumarán o ascenso á primeira división. A clasificación da tempada pasada está dispoñible no apartado descargas natación desta mesma web, ademáis como documentación anexa a esta noticia podedes consultar tamén a lista de saídas da xornada carballesa.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.