A 2ª Xornada da Liga Galega Alevín nádase na Carballo Calero


 02 Xaneiro, 2020   Natación 

A 2ª Xornada da Liga Galega Alevín nádase na Carballo Calero

O vindeiro sábado día 4 de xaneiro de 2020 a Municipal Carballo Calero en Carballo será a sede que acolla desde as 15:30 hs, a 2ª xornada da Liga Galega de Natación Alevín na que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros imos 19º de 33 equipos logo da primeira xornada. A categoría alevín congrega ás nenas nadas nos anos 2007 e 2008 (12 e 13 anos) e os nenos nados en 2006 e 2007 (13 e 14 anos). Para esta segunda xornada aliñaremos un equipo de 20 nadadores-as, das cales 10 pertencen á categoría feminina e os outros 10 á masculina. Co obxectivo de manternos na loita entre os 15 mellores da categoría mediremos as nosas forzas nesta segunda rolda cos equipos do CN.Arteixo (25 nadadores-as), C.Hércules (10) e Sporting Casino (11); nun programa de probas que inclúe os 200 e 800 metros libres, os 100 metros bolboreta, estilos e costas e as substitucións dos 4x100 metros libres nas categorías masculina e feminina. A convocatoria dos nosos e a lista de saídas do sábado están dispoñibles como arquivos adxuntos a esta mesma nova. Ademais no apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar a normativa desta liga alevín de natación.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso
Federación española de tríatlon Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación