A 4ª Xornada da Liga Alevín nádase mañá na Municipal de Riazor


 22 Marzo, 2019   Natación 

A 4ª Xornada da Liga Alevín nádase mañá na Municipal de Riazor

Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñeremos en liza mañá á tarde a 29 dos nosos nadadores e nadadoras alevíns, das que 15 pertencen á categoría feminina e os 14 restantes á masculina. Os alevíns do Fogar tomarán parte na Piscina Municipal de Riazor en A Coruña, na 4ª xornada da Liga Galega cunha clara intención, a de manterse na loita entre os 12 mellores da categoría, tendo en conta o axustado da clasificación entre os postos 11º e 17º dos 30 clubs galegos que conforman a categoría,   https://www.fegan.org/fegan/tprd/1819/snat/res/liga_gal_alev/clas.pdf. Nesta cuarta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100 e 200 bolboreta, costas e braza, e os 50 e 1500 metros libres, ademais das remudas por equipos dos 4x100 metros libres mixtos. Na documentación adxunta a esta mesma noticia dispoñedes da nosa convocatoria e da lista de saídas da xornada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso