A 5ª xornada da Liga Benxamín nádase mañá en San Amaro


 05 Abril, 2019   Natación 

A 5ª xornada da Liga Benxamín nádase mañá en San Amaro

Mañá sábado día 6 de abril de 2019 as instalación do Club do Mar de San Amaro, na Coruña, acollerán en horario de tarde a quinta xornada da Liga Galega Benxamín. Despois da cuarta xornada, os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros mantémonos na 13ª praza conxunta dos 31 equipos que están a puntuar. Á cita coruñesa desprazaremonos cun total de 24 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; das que 9 pertencen á categoría feminina e os 15 restantes á masculina. Nesta quinta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100 e 200 metros estilos, os 100 libres e os 50 braza, ademais das substitucións por equipos dos 4x100 metros estilos mixtos. Achegamos como arquivos adxuntos a esta mesma nova tanto a convocatoria de probas d@s nos@s nadadores e nadadores, como a listaxe de saídas da propia sesión.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso