A AD.Fogar ponse á fronte da terceira división galega


 05 Novembro, 2018   Natación 

A AD.Fogar ponse á fronte da terceira división galega

O pasado sábado día 3 de novembro de 2018, a Piscina Municipal Carballo Calero da Zona Bergantiños en Carballo, acollía a primeira das tres Xornadas Preliminares da liga Galega de Clubs na súa Terceira División. Na mesma os nosos 21 representantes postulábanse como serios candidatos ao título levándose a vitoria final con 348 puntos polos 334 da ADN.Narón, os 316 do USC, os 257 do CN.Mos, os 182 da ADT.Oleiros e os 156 do CN.Monforte. Con estes resultados a clasificación provisional queda como segue, 1º Fogar con 7 puntos, 2º Narón con 5 puntos, 3º USC con 4 puntos, 4º Mos con 3 puntos, 5º Oleiros con 2 puntos e 6º Monforte con 1 punto. A xornada deparounos as vitorias de Manuel Verdes nos 100 braza e os 200 estilos, a de Elisa Pichel nos 100 braza, a de Nana Suárez nos 200 estilos, proba na que batía ademais a mellor marca do club dos 13 anos, a de Xoan Toja nos 50 libres e a dos cuartetos de remudas masculinas de 4x50 estilos e 4x100 libres. Os resultados da xornada celebrada en Carballo poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web.

 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso