A derradeira xornada da Liga Benxamín nádase mañá en Carballo


 19 Abril, 2024   Natación 

A derradeira xornada da Liga Benxamín nádase mañá en Carballo

Mañá á tarde despútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, a sexta e derradeira xornada da Liga Galega Benxamín. A competición desenvolverase desde as 16:00 horas coa presenza dos equipos do C.N.Coruña (15), o C.N.Culleredo (5), o C.N.Liceo (8) e o S.C.Casino (11), ademáis d@s nos@s. Para pechar a liga aliñaremos un equipo composto por 16 nadadoras-es, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina que nadarán 20 pronbas a título individual e 2 substitucións mixtas por equipos. O programa de probas da xornada inclúe os 100 libres e bolboreta, os 200 braza e estilos, e as substitucións dos 4x100 libres mixtos. A nosa inscrición e a listaxe de saídas desta derradeira xornada de liga están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web. Vela aquí as CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.