A derradeira xornada da Liga Infantil nádase o sábado en Carballo


 21 Abril, 2022   Natación 

A derradeira xornada da Liga Infantil nádase o sábado en Carballo

O vindeiro sábado á tarde despútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, a cuarta e derradeira xornada da Liga Galega Infantil no seu Grupo C. A competición levaráse a cabo coa presenza de público e cun aforo total dunhas 175 persoas, 70 nadadores-as, 10 técnic@s e delegad@s, 20 membros do xurado e persoal encargado da competición e 75 persoas de público. A xornada desenvolverase nunha soa quenda de quecemento (16:00 a 16:55 horas) e competición (17:00 a 19:00 horas). Para pechar a liga aliñaremos un equipo composto por 21 nadadoras-es, das cales 15 pertencen á categoría feminina e os 6 restantes á masculina. Desta volta @s nos@s medirán as súas forzas c@s representantes dos equipos do CN.Coruña (8), C.Mar (12), S.Casino (7) e CN.Arteixo (23). O programa de probas da xornada inclúe os 100, 400 e 800 libres, os 100 costas, os 200 bolboreta e estilos, os 100 braza e as substitucións dos 4x100 libres mixtos. A nosa inscrición, a listaxe de saídas e o protocolo sanitario do sábado xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web. Compre salientar que logo das tres primeiras xornadas imos 8º masculinos, 10ª femininas e 9º/ª conxunt@s dos 30 equipos participantes. CLASIFICACIÓNS

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.