A Liga Alevín arrinca o sábado en Carballo con 110 nadadores en liza


 07 Novembro, 2019   Natación 

A Liga Alevín arrinca o sábado en Carballo con 110 nadadores en liza

O vindeiro sábado día 9 de novembro de 2019 a Municipal Carballo Calero en Carballo será a sede que acolla desde as 15:30 hs, a 1ª xornada da Liga Galega de Natación Alevín, na que a pasada campaña os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros fomos 13º dos 30 equipos que tomaron parte na mesma. A categoría alevín congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2007 e 2008 (12 e 13 anos) e os nenos nados en 2006 e 2007 (13 e 14 anos). Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo de 21 nadadores, das cales 11 pertencen á categoría feminina e os 10 restantes á masculina. Entre os nosos obxectivos manternos entre os 15 mellores equipos da táboa galega; e para iso nesta primeira xornada mediremos as nosas forzas cos equipos do CN.Arteixo, CN.Coruña, CN.Culleredo, Club do Mar, e CN.Liceo; nun programa de probas que inclúe os 50 e os 400 metros libres, os 100 metros braza, os 200 metros costas, os 400 metros estilos e as substitucións dos  4x200 metros libres. A convocatoria dos nosos e a lista de saídas do sábado están dispoñibles como arquivos adxuntos a esta mesma nova. Ademais no apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar a normativa da liga alevín e clasificación da tempada pasada. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso
Federación española de tríatlon Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación