A Liga Alevín arrinca o sábado en Carballo con 39 nadadores en liza


 05 Novembro, 2020   Natación 

A Liga Alevín arrinca o sábado en Carballo con 39 nadadores en liza

O vindeiro sábado día 7 de novembro de 2020 a Piscina Municipal Carballo Calero volverá a acoller en Carballo unha competición de natación 8 meses despois. Será con motivo da desputa da 1ª xornada da Liga Galega Alevín que congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2009 e 2010 e aos nenos nados no 2007 e 2008. A competición levaráse a cabo desde as 15:30 horas sen a presenza de público, cun aforo limitado a 60 persoas entre nadadores, técnicos e xuices e por suposto baixo estrictas medidas de seguridade como a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado... Ademáis haberá 2 turnos diferenciados de quecemento e non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación de xeito graduado. Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo composto por 29 nadadoras-es, das cales 13 pertencen á categoría feminina e os 16 restantes á masculina que medirán as súas forzas cos 10 nen@s do CN.Arteixo. O programa de probas da xornada inclúe os 50 e os 400 metros libres, os 50 e 100 metros braza, os 200 metros costas e os 400 metros estilos. A convocatoria dos nosos, a lista de saídas e o protocolo anticovid para o sábado xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Alevín para a presente tempada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.