A Liga Galega Alevín empeza no Club do Mar de San Amaro


 07 Novembro, 2018   Natación 

A Liga Galega Alevín empeza no Club do Mar de San Amaro

O vindeiro sábado día 10 de novembro de 2018 a Piscina do Club do Mar de San Amaro coruñes será a sede que acolla desde as 15:30 hs, a 1ª Xornada da Liga Galega Alevín, na que a pasada campaña os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros fomos 11º dos 29 equipos que tomaron parte. A categoría alevín congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2006 e 2007 (12 e 13 anos) e os nenos nados en 2005 e 2006 (13 e 14 anos). Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo de 27 nadadores, dos que 15 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina. Entre os nosos obxectivos manternos entre os 15 mellores equipos da táboa galega; e para iso nesta primeira xornada mediremos as nosas forzas cos equipos do CN.Arteixo, o Club do Mar, o CN.Coruña, o CN.Culleredo, o CN.Liceo, o CN.Casino, e o H.Termaria; nun programa de probas que inclúe os 50 e os 400 metros libres, os 100 metros braza, os 200 metros costas, os 400 metros estilos e as remudas dos  4x200 metros libres. A convocatoria dos nosos e a lista de saídas do sábado están dispoñibles como arquivos adxuntos a esta mesma noticia. Ademais no apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar a normativa da liga alevín e clasificación da tempada pasada. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso