A Liga Infantil e o Clínic de Bolboreta as citas da fin de semana


 26 Xaneiro, 2023   Natación 

A Liga Infantil e o Clínic de Bolboreta as citas da fin de semana

O noso nadador alevín, Anxo Fuentefría (Carballo 2009) e o seu adestrador Héctor García, tomarán parte o vindeiro 28 de xaneiro en sesións de mañá e tarde, nunha xornada de Tecnificación de Bolboreta que organiza a FEGAN en colaboración coa RFEN na piscina olímpica do Pavillón dos Remedios de Ourense. Os técnicos responsables da xornada serán, Santiago Veiga, coordinador dos programas de tecnificación da RFEN), José Aláez "Taja", adestrador do Real Canoe N.C. e membro do Equipo Nacional e Rafa Muñoz, duas veces campión europeo absoluto en 50 bolboreta e ex recordman mundial da distancia. 

O mesmo sábado a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en horario de tarde (15:30 horas) a 2ª das xornadas da Liga Galega Infantil na que estamos a ocupar a 7ª praza provisional logo da 1ª xornada. Para esta 2ª rolda imos competir con 7 nadadores e 17 nadadoras co obxectivo de manternos entre os dez mellores equipos da categoría. Ademáis d@s nos@s tomarán parte 5 nadadores-as do C.Mar, 17 do C N.Arteixo, 25 do CDNC.Santiago, 6 do CN.Ordes e 3 do CN.Arzúa. As convocatorias de Ourense e Carballo e a listaxe de saídas da Liga Infantil, podedes atopalas no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.