A Municipal da Gándara en Narón sede da Liga Galega de Clubs


 24 Xaneiro, 2019   Natación 

A Municipal da Gándara en Narón sede da Liga Galega de Clubs

O vindeiro sábado día 26 de xaneiro de 2019, a Piscina Municipal da Gándara en Narón será a sede que acolla en horario de tarde, a segunda das tres Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa terceira división. Despois da primeira xornada celebrada en Carballo en novembro os da AD.Fogar lideramos a clasificación provisional con 7 puntos, 2 por diante de Narón que suma 5 e 3 por diante do Universitario de Santiago que leva 4 puntos (https://www.fegan.org/fegan/tprd/1819/snat/res/liga_gal_clubes/clasificacions.pdf). Nesta segunda rolda concursaremos cun equipo de 18 nadadores, 8 mulleres e 10 homes, entre os que nadarán as probas individuais dos 50, 100, 200 e 1500 metros libres, os 50 braza, os 100 costas e estilos e os 200 bolboreta; ademais das remudas por equipos dos 4x100 e 200 libres. Os 3 primeiros clasificados desta fase preliminar loitarán polo título e tan só os 2 primeiros consumarán o ascenso á segunda división. Na documentación anexa a esta noticia podedes consultar a lista de saídas da xornada e a inscrición dos nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso