Anxo Fuentefría convocado para o Clínic de Saídas RFEN-FEGAN


 14 Abril, 2023   Natación 

Anxo Fuentefría convocado para o Clínic de Saídas RFEN-FEGAN

Mañá á tarde na Piscina Municipal da Frigsa de Lugo a FEGAN ten previsto realizar unha xornada de Tecnificación de Natación (clínic RFEN - técnica de saídas) a cargo de Santiago Veiga, coordinador de clínics de tecnificación da RFEN e Bart Kizierowski, adestrador dos Madrid Bears e nadador e adestrador olímpico. A esta xornada están convidados todos os adestradores dos clubs galegos, así como os nadadores que figuran na convocatoria adxunta a esta mesma nova. No que ao noso club respecta tomarán parte o nadador alevín Anxo Fuentefría e o seu adestrador Héctor García. Mañá pola tarde ainda que desta volta na Piscina Municipal de Riazor, 24 d@s nos@s nadadores-as participarán na 5ª Xornada da Liga Galega Benxamín na que os de Carballo e Oleiros estamos a ocupar a 13ª praza provisional dos 29 equipos que están a puntuar. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar tanto a convocatoria como as series da xornada benxamín.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.