Asemblea Xeral Ordinaria dos 341 asociados da AD.Fogar


 03 Abril, 2019   Natación 

Asemblea Xeral Ordinaria dos 341 asociados da AD.Fogar

O vindeiro venres día 5 de abril de 2019, a masa social da AD. Fogar dá Xuventude e as súas seccións de Carballo e Oleiros, reunirase novamente no salón de actos do Fórum carballés situado na Rúa Xílgaro do Barrio da Milagrosa a partir das 20:00 horas en primeira convocatoria e das 20:30 horas en segunda, coa intención de celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria de Socios correspondente ao exercicio do 2018. En 1ª Convocatoria farase a presentación e a sinatura dos acordos cos novos patrocinadores do club, María Viña Nutricionista e Lola The Organic Bakery. Acto seguido en 2ª Convocatoria os temas a tratar pola entidade centraranse nos orzamentos xerais da mesma co obxectivo de pechar e aprobar se procede tanto o balance económico de 2018, como a nova previsión de ingresos e gastos para este ano 2019 coa seguinte orde do día:
Balance orzamentario de 2018 e aprobación se procede.
Orzamento para o próximo exercicio de 2019 e aprobación se procede.
Rogos e preguntas.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso