Así foi o Nacional Júnior e Absoluto para @s nos@s nadadores-as


 23 Xullo, 2022   Natación 

Así foi o Nacional Júnior e Absoluto para @s nos@s nadadores-as

Os pasados 20, 21 e 22 de xullo, Manuel Verdes, Carlos Abeleira, Yoel Suárez e Carla Jiménez tomaban parte no Campionato de España Júnior e Absoluto de Natación de Verán que remata hoxe nas instalacións do Club Natación Sabadell onde están a participar 219 clubs e 1.014 nadadores-as, 601 homes e 413 mulleres. O mércores disputábanse as eliminatorias e finais absolutas das probas dos 50 metros. Nos 50 braza, Yoel Suárez melloraba a súa marca persoal e Manuel Verdes nadaba a dúas décimas do seu mellor rexistro para ser 54º e 58º respectivamente. Na mesma proba Carla Jiménez remataba 42º e batía a mellor marca absoluta do clube cun mellor rexistro persoal de 0:34.58. Nos 50 costas Carlos Abeleira era 55º a dúas décimas do seu mellor rexistro. O xoves Yoel Suárez nadaba os 50 libres júnior cunha mellor marca persoal de 0:24.64 para rematar 17º dos de 18 anos. O venres pechamos campionato cos concursos de Carla Jímenez nos 100 braza júnior, 14ª das de 16 anos a seis décimas da súa mellor marca de sempre; e Yoel Suárez, que logo de ser 28º nos 100 libres júnior (18 anos) con marca persoal incluída, metíase na final dos 100 braza júnior (18 anos) na que batía o récord absoluto do club cun mellor rexistro persoal de 1:06.02 para rematar 6º. Resultados que podedes atopar no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.