Así nos foi en Sabadell no Nacional Júnior-Absoluto de Inverno


 25 Febreiro, 2024   Natación 

Así nos foi en Sabadell no Nacional Júnior-Absoluto de Inverno

Do 21 ao 25 de febreiro, Yoel Suárez, Simón Rey, Carla Jiménez, Paulo Rivas e Manuel Souto representáronnos no Campionato de España Júnior e Absoluto Open de Inverno celebrado nas instalacións do Club Natación Sabadell. O torneo nadouse en piscina longa e contou coa participación de 241 clubs que mobilizaron a un total de 1.112 nadadores e nadadoras ao longo dos cinco días de competición. Desta volta o máis destacado d@s nos@s foron as seis mellores marcas do club acadadas pol@s júniors Paulo Rivas, nos 50 libres e os 50, 100 e 200 bolboreta da categoría de 16 anos, Manuel Souto de 17 anos nos 200 libres e Carla Jiménez nos 50 braza da categoría absoluta. En canto ás clasificacións individuais, Paulo Rivas (16 anos) foi 11º nos 200 bolboreta, 18º nos 50 libres e 21º nos 50 e os 100 bolboreta; Carla Jiménez (17 - 18 anos) 20ª nos 50 braza e 23ª nos 100 braza e Manuel Souto (17 - 18 anos) 28º nos 200 libres. Na categoría absoluta Yoel Suárez foi 104º nos 50 braza e 131º nos 50 bolboreta, mentres que Simón Rey foi 94º nos 50 costas e 105º nos 50 bolboreta, nadando os dous por encima das súas mellores marcas persoais. Resultados que podedes atopar no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.