Bo arranque dos nosos na primeira xornada do Trofeo da Madalena


 04 Xaneiro, 2020   Natación 

Bo arranque dos nosos na primeira xornada do Trofeo da Madalena

19 Nadadores e nadadoras das categorías infantil, júnior e sénior, están a representar á AD.Fogar de Carballo e Oleiros na 34ª Edición do Trofeo da Madalena que se celebra na Piscina Municipal do Quirinal da localidade asturiana de Avilés. O trofeo avilesino conta este ano coa participación de 13 clubs e un total de 241 nadadores-as, 125 mulleres e 116 homes. No que a nosa participación respecta, na 1ª xornada do venres cabe destacar o triunfo infantil de Nana Suárez e o 2º posto júnior de Alejandro Méndez na proba dos 50 bolboreta, o 3º posto júnior de Andrés Prieto nos 100 costas, o 3º posto infantil de Daniel Pardo nos 200 braza, as victorias infantis de Lucía Romanelli e Miguel Abelenda nos 400 libres e o 3º posto infantil da substitución dos 4x50 libres masculinos que formaron M. Abelenda, D. Pardo, P. López e R. Otero. Mañan en dobre sesión de mañá e tarde conclúe este XXXIV Trofeo da Madalena na que os nosos representantes están a ocupar a 5 praza da clasificación conxunta. Podedes consultar a convocatoria dos nosos nadadores no arquivo adxunto a esta mesma nova.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso
Federación española de tríatlon Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación