Bo concurso de Alejandro Méndez no seu debut nacional en Terrasa


 07 Agosto, 2019   Natación 

Bo concurso de Alejandro Méndez no seu debut nacional en Terrasa

Alejandro Méndez (Nano) e o seu adestrador Héctor García están xa de vacacións logo da súa participación no XLI Campionato de España de Natación Júnior de Verán celebrado entre os días 3 e 7 de agosto nas instalacións do Club Natación Terrasa. Nano de 17 anos debutaba a nivel nacional na proba dos 100 metros libres despois de acadar a marca mínima de participación no Campionato Galego Júnior de Verán; merecido premio a unha tempada impecable na que bateu 4 dos mellores rexistros do club da súa categoría nos estilos de bolboreta e libres http://www.adfogar.com/records/records-natacion-adfogar e na que acadou a medalla de prata nos Galegos de Verán na proba dos 100 bolboreta júnior. O pasado luns en Terrasa Nano foi 64º nos 100 libres cun rexistro de 56''19 a tan só 2 décimas do seu mellor rexistro persoal de 55''98 en loita cos mellores nadadores nacionais. Toda a información relativa a este XLI Campionato de España de Natación Infantil de Verán podedes atopala na seguinte ligazón https://rfen.es/es/section/absoluto-junior-verano-2019. No apartado de descargas natación de esta mesma web tedes tamén os detalles da participación do noso nadador.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso