Bronce para Lucía Romanelli no Galego Infantil de Natación


 04 Xullo, 2021   Natación 

Bronce para Lucía Romanelli no Galego Infantil de Natación

Os pasados 3 e 4 de xullo de 2021 oito nadadores da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Campionato Galego Infantil de Natación de Verán disputado na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra. Localidade onde @s nos@s nadadoras e nadadores callaban unha boa actuación acadando a 14ª praza masculina, a 14ª feminina e a 16ª conxunta por equipos. A única medalla do campionato foi para Lucía Romanelli, bronce nos 200 metros bolboreta; ademais a nosa nadadora remataba 6ª nos 100 bolboreta. Así mesmo cabe subliñar tamén as actuacións de Xabier Guitián, 7º nos 200 bolboreta, 8º nos 100 bolboreta e 9º nos 200 estilos, Clara Rey 6ª nos 400 estilos, Carla Mourelle 7ª nos 100 braza, Martina Fraga 8ª nos 200 libres e Rubén Otero 8º nos 50 libres. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.