Carballo acolle o domingo a 3ª Xornada da Liga de Promesas


 08 Abril, 2021   Natación 

Carballo acolle o domingo a 3ª Xornada da Liga de Promesas

O vindeiro domingo día 11 de abril de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 3ª xornada da Liga Galega de Promesas en horario de mañá (10:00 horas). A competición levaráse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Desta volta o noso equipo de promesas conformarano 19 nadadores-as de 10 anos e menores, das cales 2 pertencen á categoría feminina e os 17 restantes á masculina, fronte ás 3 nenas e 6 nenos que porá en liza o CN.Arteixo. O programa de probas desta segunda rolda inclúe os 25 metros pes braza con táboa e os 25 e 50 metros braza nas categorías feminina e masculina. A convocatoria d@s nos@s, a listaxes de saídas (series) e o protocolo anticovid para o domingo están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa da Liga Galega de Natación de Promesas para a presente tempada 2020 - 2021.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.