Curso de Árbitros e Cronometradores en Carballo


 02 Outubro, 2018   Natación 

Curso de Árbitros e Cronometradores en Carballo

A Federación Galega de Natación e o seu Comité Galego de Árbitros, organizarán en Carballo un Curso de Árbitros e Cronometradores en colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte e a Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude. O curso celebrarase o sábado día 13 de outubro do 2018 nas instalacións do FÓRUM desde as 11:00 horas. O prezo do mesmo é de 20 euros e inclúe o custo do curso e a licenza federativa, importe a abonar o mesmo día do curso; diñeiro que se recupera nunha soa competición xa que a Federación Galega de Natación paga un mínimo de 20 euros por unha sesión de dúas horas e media. O único requisito esixido aos posibles interesados é ter cumpridos os 16 anos e presentarse cunha copia do seu DNI. As inscricións poden formalizarse na sección de contactos desta mesma web indicando o nome e apelidos, o correo electrónico e deixando constancia como Inscrición Curso Árbitros 2018.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso