GES Benxamín e Liga Prebenxamín vindeiras citas en Carballo


 29 Febreiro, 2024   Natación 

GES Benxamín e Liga Prebenxamín vindeiras citas en Carballo

Este sábado día 2 de marzo, 55 d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte en Carballo en dúas das citas do calendario federativo e máis un control de marcas do club. Entre as 16 e as 18 horas Sara Ríos, Martina Santomé, Martina Rodríguez, Julia Vivero, Iván Casal, Xacobo Fraga, Ethan Rodríguez, Tadeo Suárez e Borja Collazo baixo a dirección de Daniel Toro, Director Técnico da FEGAN; tomarán parte na 1ª das xornadas de tecnificación do Programa GES Benxamín que dende a federación desenvolven en colaboración cos clubs galegos. Acto seguido e tamén na Carballo Calero, 46 d@s nos@s cativ@s participarán conxuntamente na 3ª das xornadas da Liga Galega Prebenxamín e o 3º Control de Marcas Benxamín. Compre destacar que na Liga Prebenxamín @s da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estamos a ocupar a 8ª praza conxunta. A convocatoria d@s nos@s nen@s podédela consultar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.